Consulta a túa inscipción no censo electoral
O censo electoral informarános de se reunimos os requisitos oportunos, e compónse tanto polos españois que vivne en España, e os que vivenno estranxeiro, coma polo censo de estranxeiros que residen en España, para as eleccións municipáis e ao Parlamento Europeo.
A inscrición no Censo Electoral contén datos personais e de domicilio, e cando o consultamos nun período electoral, incluirá tamén os datos da mesa e do local electoral.
Podemos acceder a eles a través da Sede Electrónica do INE (Instituto Nacional de Estatística), sempre e cando esteamos en posesión dos certificados electrónicos recollidos por este organismo, entre os que destaca, pola súa comodidade e rapidez, o DNIe.
Ademáis convén saber que a actualización do Censo é constante, e se ao consultar os nosos datos comprobamos que algún nos é correcto, poderemos presentar unha reclamación para a súa correción.
Esta actualización lévase acabo de forma mensual, con referencia ao primeiro día de cada mes, e renóvase cos datos de Concellos, Oficinas Consulares, o Rexistro Civil, e as mencionadas reclamacións.
Respecto ás eleccións, o Censo péchase o primeiro día do segundo mes anterior ao da data da súa convocatoria, incluindo aqueles que teñan que teñan a mairía de idade o día da elección.






Descarga Windows
Descarga Linux

Envia un nou comentari