Linguaxes

  • Euskera
  • Català
  • Galego
  • Español
facebook twitter youtube

youtube
Electricnana usa su DNIe
Isabel Ávila e DNIe
David García (Yorokobu) DNIe
  • 11/29/2011 - 15:59
  • 11/21/2011 - 13:30
  • 11/10/2011 - 20:09

Como utilizalo

Requisitos técnicos

Para a utilización do DNI electrónico é necesario contar con determinados elementos hardware e software que nos van permitir o acceso ao chip da tarxeta e, polo tanto, a utilización dos certificados contidos nel. O DNI electrónico require o seguinte equipamento físico: 

- Un ordenador persoal. 

- Un lector de tarxetas intelixente. Existen distintas implementacións, ben integrados no teclado, ben externos (conectados vía USB) ou ben a través dunha interface PCMCIA. 

En canto a software, o DNI electrónico é compatible cos sistemas operativos actualmente existentes, así como cos distintos navegadores. 

Para saber máis:


Controladores / Módulos criptográficos 

Para poder interaccionar axeitadamente coas tarxetas criptográficas en xeral e co DNI electrónico en particular, o equipo ha de ter instalados unhas "pezas" de software denominadas módulos criptográficos. 
Nun ámbito Microsoft Windows, o equipo debe ter instalado un servizo que se denomina "Cryptographic Service Provider" (CSP). 
Nos ámbitos UNIX / Linux ou MAC podemos utilizar o DNI electrónico a través dun módulo criptográfico denominado PKCS#11. 

Para descargar o software axeitado en función do sistema operativo: 

Pin (Contrasinal persoal). 
 O PIN é o contrasinal persoal que (unha vez comprobada polo microprocesador incluído no chip) nos permite o acceso ás funcionalidades dispoñibles no DNI electrónico. Polo tanto, protexe as súas claves privadas e permite activalas nas aplicacións que xeran firma electrónica e, polo tanto, é confidencial, persoal e intransferible. 

No momento da expedición, xérase un PIN aleatorio que se entrega ao cidadán en forma de "sobre cego". 

O titular do DNI electrónico pode cambiar este contrasinal ou PIN por calquera outro da súa elección nos Puntos de Actualización do DNI electrónico (PAD) existentes nas Oficinas de Expedición e en internet. 

Cando desexamos cambiar o PIN do noso DNI electrónico, poden presentarse dúas situacións: Que non coñezamos o PIN actual (ou ben que o DNI electrónico estea bloqueado, tras varios intentos falidos cun PIN erróneo). 

Neste caso, o titular debe acudir a un Punto de Actualización do DNI electrónico, situado nunha Oficina de Expedición. Estes Puntos de Actualización dispoñen dun lector de impresión dactilar, o que permite comparar o resumo criptográfico da pegada dactilar do titular co que se almacena no chip no momento da expedición. Cando o recoñecemento é positivo, a aplicación permite ao titular cambiar o PIN do seu DNI electrónico. 

Como comprobar se o Pin está bloqueado. 
Que saibamos o noso PIN actual. 
Neste caso, o titular do DNI electrónico ten dúas alternativas: 
- Acudir a un Punto de Actualización do DNI electrónico, situado nunha Oficina de Expedición e cambiar o seu PIN, indicando o seu PIN actual. 
- Dende calquera ordenador que dispoña dun lector de tarxetas criptográficas e conexión a Internet, mediante un procedemento telemático.

Links

Dnielectronico.es
Zona TIC
FAQs | Contacto