Usa o teu DNIe na oficina virtual do Concello de Barcelona
Moitas Administracións locais tamén ofrecen servizos co DNIe, neste caso centrarémonos no Concello de Barcelona, cuxa oficina virtual na Web é sen dúbida unha das máis completas.
A Oficina virtual, dividida en servizos para empresas ou cidadáns, abrangue xestións dedicadas a ámbitos moi diversos, dende aqueles que fan referencia a animais ou mascotas, ata os que falan da familia, inmigración, traballo ou licenzas e permisos. Aínda que para todos eles non é necesario dispoñer do novo documento, listamos algúns dos trámites para os que o necesitaremos:
- Certificado histórico de empadroamento
- Subvención do imposto sobre bens inmobles para familias monoparentais
- Certificado negativo de inscrición no Rexistro de parellas estables
- Baixa do rexistro de parellas estables
- Matrimonio Civil no Concello de Barcelona
- Duplicado do certificado de inscrición no Rexistro de parellas estables
- Volante de residencia e volante de convivencia do padrón de habitantes de Barcelona
- Alegacións ou recursos en relación a tributos e prezos públicos










Descarga Windows
Descarga Linux

Enviar un novo comentario