Uso do DNIe no Concello de Santiago
O Concello de Santiago (Concello de Santiago) inclúe na súa web unha "Carpeta Cidadá" que permite aos usuarios relacionarse coa Administración de forma rápida e segura, grazas ao novo documento electrónico.
Os trámites que podemos xestionar de forma online son os seguintes:
. Consulta de recibos e liquidacións.
. Pagamento en liña de recibos e liquidacións e modalidades de autoliquidación.
. Impresión de documentos de pagamento.
. Solicitude de novos períodos de pagamento de recibos fora de prazo.
. Domiciliación de recibos.
. Cambio de dirección de notificación de impostos.
. Autoliquidación de vehículos (colaboradores sociais)
. Autoliquidación de plusvalías.
. Autoliquidación de taxas e impostos de construción.
. Solicitude de paso e parada de vehículos.
. Certificado de empadroamento | residencia.
. Certificado de convivencia.
. Queixas e suxestións.
O cidadán pode ademais acceder a E -Santiago, unha nova canle de comunicación con todo o necesario para estar ao día das novidades, avisos, convocatorias ou normativas, entre outros servizos, que poden interesar e resultar útiles ao cidadán.










Descarga Windows
Descarga Linux

Enviar un novo comentario