Usos e vantaxes
Na Sociedade da Información na que nos encontramos, existen unha gran cantidade de posibilidades que permiten mellorar a calidade de vida cotián. O DNI electrónico é unha peza fundamental neste avance, xa que facilita as relacións entre cidadáns, empresas e administracións.
O DNI electrónico ofrece a posibilidade de aproveitar o tempo realizando multitude de trámites por vía telemática, de forma que:
- Evítanse desprazamentos
- Os trámites pódense realizar en calquera momento, adaptándose aos horarios
- As xestións lévanse a cabo de xeito sinxelo, seguindo as indicacións de cada un dos Organismos públicos e privados
Dende o punto de vista da seguridade, o DNI electrónico é máis seguro que o tradicional, xa que incorpora maiores e máis sofisticadas medidas de seguridade que fan imposible a súa falsificación. Así mesmo, permite garantir a identidade dos interlocutores dunha comunicación online, xa sexa para intercambio de información, acceso a datos ou accións ou compra por Internet, á vez que asegura que a información intercambiada non foi alterada.
Ademais, todo son facilidades para a súa obtención e utilización:
- Expídese de forma inmediata, a través de cita previa, na oficina de expedición máis próxima.
- Ten as mesmas medidas que o anterior DNI, pero dun material moito máis robusto e duradeiro.
- Facilítase o código PIN e a posibilidade de cambialo na oficina e a través da páxina web www.dnielectronico.es






Descarga Windows
Descarga Linux
