Xestións e trámites electrónicos na Comunidade de Madrid co teu DNIe
Entre as Comunidades Autónomas que ofrecen servizos a realizar co novo documento, encontramos a Comunidade de Madrid. Dentro da súa Web Madrid.org e o apartado Xestións e Trámites, o usuario ten á súa disposición o catálogo de servizos de tramitación electrónica, creados para aforrar tempo ao cidadán e evitar esperas e colas innecesarias.
Unha vez localizado o trámite que desexamos realizar, é importante comprobar que documentación debemos achegar, no caso de que sexa necesaria, e revisar se inclúe o pagamento dalgunha taxa.
Comprobado o punto anterior, cumprimos o formulario de solicitude, validámolo, asinamos e enviamos, e anexamos a documentación necesaria. Unha vez enviado o Rexistro daranos a opción de imprimir unha copia, cos datos de entrada. E ademais a partir dese momento podemos acceder aos servizos de achega de novos documentos e envío de comunicacións, por se fose necesario incorporar algo durante a tramitación.
Respecto aos servizos aos que podemos acceder na Web menciónanse os seguintes:
- Achega de documentos.
- Envío de comunicacións.
- Notificacións telemáticas.
- SERIS- Servizos de Resposta Inmediata.
- Pagamento de taxas e servizos públicos.
- Declaración/pagamentos de impostos.
- Consulta estado de tramitación.










Descarga Windows
Descarga Linux

Enviar un novo comentario